Dentro do proxecto documental integrado "O ano de Galicia", ao longo deste segundo trimestre o alumnado de todo o cole investigou, traballou e aprendeu un montón sobre o patrimonio etnográfico de Galicia: festas, música-baile e oficios tradicionáis. Por este motivo, como xa é costume, pechamos o trimestre cunha exposición oral coa que comparten de xeito moi diferente, os seus novos coñecementos con todos nós.
A muiñeira Elba ten o honor de presentarvos estas exposicións
3 anos: percusión galega
4 e 5 anos. Festas galegas: Entroido
1º e 2º E.P. Prendas do traxe galego
3º e 4º: Carbavisión: cantantes galegos actuais
5º E.P. Oficios galegos
6º E.P. Festas galegas non gastronómicas
Espectaculares exposicións! Noraboa rapazada, cada vez vos superades e nos sorprendedes máis. Seguide traballando así!
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario