DÍA DO LIBRO 2022. Parte 1: Propostas na aula multisensorial

 Para a celebración do Día do Libro abrimos as portas da nova aula multisensorial que creamos no cole. 

Organizamos varias estacións arredor da lectura e dos libros, con propostas inclusivas, diversas e distintas ao que viñamos facendo con anterioridade. 


Contoume un paxariño que o venres pasástelo xenial cos libros, que iso era do que se trataba no Día do libro, de desfrutar e  aumentar a exposición cara eles. 

Despois de traballar ao longo de toda a semana coa selección de lecturas que preparei para vós, o venres culminamos a celebración do Día do Libro cos seguintes obradoiros.

Obradoiro de recreación de cacas  

(Recreación das cacas dos distintos animais que aparecen en "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza")







Lectura Iluminada

(Lecturas Ilumina e Leotolda, que cambian as súas ilustracións segundo a luz que se lle aplique)







Disfraces de contos

(Ricitos de Oro, Edu se viste de princesa, Como convertirse en un pirata en 7 días, A gran tribo, Sirenas)












Toca pintar as unllas 

(Pintámonos as unllas como no conto "Vivan las uñas de colores")









Lendo con ollos tapados

(Con "El libro negro de los colores", coñecemos outras formas de ler, acompañando a vista do sentido do tacto)







Creando portadas a escuras

(Debuxo libre de portadas de contos empregando pinturas fluorescentes e a luz negra)







E despois de todas estas propostas agardo que teñades moitííísimas máis ganas de vir á biblio a coller un montón de libros e de revisar as novidades.

Ata pronto rapazada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario