Entroido parte 2: desfile por Carballedo e entrega de premios

Aínda que cun pouco de retraso, non podía deixar de compartir con vosco o orixinais e elaborados que foron os traxes deste Entroido. 

Coa temática "O ano de Galicia", alumnado e profesorado reivindicaron Galicia e a cultura galega no cole, e en todo Carballedo: monumentos galegos, peregrinos, alimentos típicos da nosa gastronomía, pandereteiros, oficios tradicionais... 
Non me enrollo máis que seguro que tedes moitas ganas de poder ver o que vos estou a contar!









E, como non podía ser doutro modo, tivemos que sacar fóra do cole o marabilloso traballo realizado por parte do alumnado e das súas familias, e levamos o desfile por todo o pobo.










E despois de lucir individualmente na alfombra vermella as súas fermosas galas, o xurado presidido por min (Castañón), emitiu a súa valoración. 


E os premiados no concurso de disfraces deste curso foron:
   











Noraboa polo voso traballo e gracias como sempre a todas as familias pola implicación e a gran acollida. 

Castañón!



Ningún comentario:

Publicar un comentario