Entroido parte 3. Actividades de aula e obradoiros

 Poñemos fin á celebración do Entroido, que como podedes comprobar foi por todo o grande, coas diversas actividades realizadas.

Como xa é tradición en tempos de COVID, o venres de Entroido organizáronse obradoiros moi variados, polos que os grupos foron rotando. 

Robótica

 Taboleiro de escornabot coas diferentes personaxes do Entroido en Galicia


Disfraz

Viste ao "troiteiro de Bande"







Manualidade

 Creación dun sombreiro de Galán (das "Madamas e Galáns" do Entroido de Cobres).






Baile







Xogos tradicionais: birlos do Entroido / Dalle ao peliqueiro



Xogos tradicionais: carreira de pantallas de Xinzo







O traballo por proxectos, neste caso entorno ao PDI "O ano de Galicia", implica que a nivel de aula as actividades se orienten a traballar o mesmo. Así, ao longo de todo o mes de febreiro, baixo a temática do entroido galego, traballouse coas personaxes (investigación, identificación, asociación, rimas e descrición), os mapas, robótica, plástica, radio e moito máis.











Déixovos rapazada, que xa vou comezar a preparar o Entroido do próximo ano.
Un aperta enorme da vosa mascota da BIBLIO. E lembrade, aprender é súper divertido!
CASTAÑÓN!



Ningún comentario:

Publicar un comentario