PODCAST 6. CASTARADIO


Rapazada! Aquí estamos de volta na Castaradio cargadiños de novas! 

A que esperades para escoitar o programa de hoxe?  


Ata a próxima!!

VENTE RAPASA. DÍA DE ROSALÍA 2021

Cambiade as vosas follas, pero non cambiedes nunca as vosas raíces!! 


Nunca época na que tanto as mulleres como toda a cultura galega estaban nun segundo plano, o talento e a tenacidade de Rosalía de Castro sobresaen para loitar pola igualdade e os dereitos de todos os galegos e as galegas. 

Este 24 de febreiro, 184 anos despois do seu nacemento, nós non nos quixemos esquecer de todas as súas achegas e todos os seus logros. 

Traballando co conto ilustrado "Parece unha rosa" organizamos varias actividades:

- Un obradoiro de elaboración de rosas.










- Creamos no cole a nosa fontiña, esa que tanto admiraba Rosalía. Homenaxeámola regalándolle as rosas que fixo toda a rapazada, dentro das cales escribiron versos dos seus poemas.








+












- Iniciámonos co croma e, coa axuda de todo o alumnado, preparamos este pequeno vídeo recital do poema "Vente rapasa".

         


Castañón deséxavos un feliz día de Rosalía rapazada!! 



OBRADOIRO CON CHARO PITA: TEATRO LIDO NA RADIO

 Ola de novo!!

O pasado luns 8 de febreiro tivemos unha invitada moi especial na nosa biblio. A camaleónica escritora, actriz e conta contos Charo Pita veu a deslumbrarnos coa súa voz e coa súa creatividade. 

Nesta xornada, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria quedou marabillado dende o minuto un cando, a través dun xogo de repetición, se memorizou o nome de toda a rapazada nun abrir e pechar de ollos. Explicounos e demostrounos o importante papel da voz e do conxunto de todo o corpo en calquera proceso de comunicación, especialmente á hora de dramatizar os diversos tipos de texto. 

O agradable ambiente que creou chamou á desinibición e, rapidamente, tod@s estaban dispostos a participar nas máis vergoñentas situacións, nada máis vendo a diversión que se estaba a crear na sala. 

Déixovos aquí unha pequena mostra do que aconteceu con Charo Pita (a quen volveremos ver o próximo mes noutro obradoiro que temos preparado).


















Saúdos de Castañón!!

ACTIVIDADES PARA A DINAMIZACIÓN DA BIBILIOTECA - XANEIRO

 

Boas rapazada! Aquí vos deixo o calendario e as fotos das actividades do mes de xaneiro para que vexades o xenial que o pasaron os vosos compañeiros e compañeiras! 







 















Ata a próxima!!
CASTAÑÓN!!

ENTROIDO: MANDATOS DE GUSVILLANO COVID

 PRECISO AXUDA!

Este é un comunicado urxente. Gusvillano Covid atopoume.  Repito: GUSVILLANO ATOPOUME.

Por favor, a vindeira semana cumpride con todos os seus mandatos para poder liberarme.








Confío en vós rapazada! Xa sabedes que se traballamos xuntos somos máis fortes. 

UNIDOS SAIREMOS DESTA!

PODCAST 5. CASTARADIO

Saúdos rapazada!

Hoxe compártovos o 5º programa da Castaradio. Vou un pouquiño atrasado por problemas nas gravacións. Intentarei arranxalo canto antes para que volvades coller o ritmo!


DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR, DÍA DA ILUSTRACIÓN E DÍA DA EDUCACIÓN

 O venres pasado, o 29 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz e o Día da Educación. 

Por unha banda, o alumnado de 6º traduciu a galego a canción "Quítate las gafas" de Melendi, que preparou toda a rapazada e interpretaron na xuntanza que fixemos.

"Quita as lentes" Interpretado polo alumnado.




Enlazando as dúas conmemoracións co noso PDI e co Día da ilustración, cada aula estivo traballando as ilustracións dos contos. Cada alumno/a seleccionou do seu conto favorito unha ilustración relacionada coa Paz e explicoulle aos seus compañeiros/as cal era esa relación. O venres foron pegando a súa ilustración nun mural coa silueta do símbolo da Paz. Este foi o resultado.













Estades feitos uns artistas!! 

Vémonos pronto con moitas sorpresas, que xa ven o entroido!

Castañón!