DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR, DÍA DA ILUSTRACIÓN E DÍA DA EDUCACIÓN

 O venres pasado, o 29 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz e o Día da Educación. 

Por unha banda, o alumnado de 6º traduciu a galego a canción "Quítate las gafas" de Melendi, que preparou toda a rapazada e interpretaron na xuntanza que fixemos.

"Quita as lentes" Interpretado polo alumnado.




Enlazando as dúas conmemoracións co noso PDI e co Día da ilustración, cada aula estivo traballando as ilustracións dos contos. Cada alumno/a seleccionou do seu conto favorito unha ilustración relacionada coa Paz e explicoulle aos seus compañeiros/as cal era esa relación. O venres foron pegando a súa ilustración nun mural coa silueta do símbolo da Paz. Este foi o resultado.













Estades feitos uns artistas!! 

Vémonos pronto con moitas sorpresas, que xa ven o entroido!

Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario