Ola de novo!!
O pasado luns 8 de febreiro tivemos unha invitada moi especial na nosa biblio. A camaleónica escritora, actriz e conta contos Charo Pita veu a deslumbrarnos coa súa voz e coa súa creatividade.
Nesta xornada, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria quedou marabillado dende o minuto un cando, a través dun xogo de repetición, se memorizou o nome de toda a rapazada nun abrir e pechar de ollos. Explicounos e demostrounos o importante papel da voz e do conxunto de todo o corpo en calquera proceso de comunicación, especialmente á hora de dramatizar os diversos tipos de texto.
O agradable ambiente que creou chamou á desinibición e, rapidamente, tod@s estaban dispostos a participar nas máis vergoñentas situacións, nada máis vendo a diversión que se estaba a crear na sala.
Déixovos aquí unha pequena mostra do que aconteceu con Charo Pita (a quen volveremos ver o próximo mes noutro obradoiro que temos preparado).
Saúdos de Castañón!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario