Coa chegada de xuño, e co cambio de horario, ás actividades de dinamización da biblioteca chegan á súa fin. Pechamos este curso tan difícil estando moi orgullosos/as da nosa rapazada e agardando que pronto poidamos abrir a biblio de novo ao 100%.
Este foi o derradeiro calendario do ano escolar. Incluín unha nova actividade chulísima para os recreos das mañás (obradoiro de merenda saudable) que compartirei pronto con vosco, xa que tivo tanto éxito que o imos seguir levando a cabo nestas últimas semanas de xuño.



















































