Nunca época na que tanto as mulleres como toda a cultura galega estaban nun segundo plano, o talento e a tenacidade de Rosalía de Castro sobresaen para loitar pola igualdade e os dereitos de todos os galegos e as galegas.
Este 24 de febreiro, 184 anos despois do seu nacemento, nós non nos quixemos esquecer de todas as súas achegas e todos os seus logros.
Traballando co conto ilustrado "Parece unha rosa" organizamos varias actividades:- Un obradoiro de elaboración de rosas.
- Creamos no cole a nosa fontiña, esa que tanto admiraba Rosalía. Homenaxeámola regalándolle as rosas que fixo toda a rapazada, dentro das cales escribiron versos dos seus poemas.
- Iniciámonos co croma e, coa axuda de todo o alumnado, preparamos este pequeno vídeo recital do poema "Vente rapasa".
Castañón deséxavos un feliz día de Rosalía rapazada!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario