O pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, o concello solicitou a vosa colaboración para desenvolver a actividade titulada "Contos ao teléfono".
PÁXINAS
- P.D.I. CARBALLEDO 20-30 (22-23)
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS
- PROGRAMAS DE RADIO
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAST@RTISTADAS
- CAST@_RADIO
- CONVIDADOS Á CAST@RADIO
- P.D.I OS BOSQUES (14/15)
- P.D.I AS FEIRAS (15/16)
- P.D.I. O CINE (16/17)
- P.D.I. A ARTE (17/18)
- P.D.I. O ANO DOS CONTOS (20/21)
- P.D.I. O ANO DE GALICIA (21/22)
- AS CASTANOVAS
- POLOS CREATIVOS
- CLUB DE CIENCIA
COLABORACIÓN CO CONCELLO: LETRAS GALEGAS
PROGRAMA 16. CAST@RADIO. ANUNCIO DO MERCADO DE "AS CORES DE CARBALLEDO" E OUTRAS ACTIVIDADES
PROGRAMA 15. CAST@RADIO
Boas rapazada!!
Veño neste día tan soleado cheo dun montón de novas. O alumnado de infantil e de 1º de Educación Primaria protagonizan o programa de hoxe.
Os primeiros fálannos do que fixeron eles polo Día do Medio Ambiente: plantar a árbore con Jorge Cubela, soltar as bolboretas que sairon dos seus ovos e plantar na horta. Ah! Tamén nos explican por que é importante coidar o planeta. Os de 1º vanos explicar un traballo que fixeron en sciences: un mural colaborativo sobre os animais e as máquinas. Non o podedes perder!
ENTREVISTA A VICTOR RIVAS NA CAST@RADIO. PROGRAMA 13
Boas rapazada!
Neste curso complicado botamos moito de menos (o que máis) traer convidados á nosa cast@radio, xa que ser cast@reporteiros é unha das actividades favoritas de todo o alumnado.
Porén, aproveitando a evolución favorable da situación actual, non quixemos deixar escapar a oportunidade de traer a Victor Rivas, importante ilustrador e veciño do concello.
Nesta ocasión o grupo de 5º entrevistouno na cast@radio, pero foi todo o alumnado do centro quen creou a batería de preguntas. Este foi o resultado: unha entrevista moi amena, divertida e chea de aprendizaxes e descubrimentos. Aquí a tedes dividida en tres partes, unha por cada sección: 1. Desmontando a Victor Rivas; 2. Ser ilustrador é do mellor; 3. Preguntas exprés.
Non sendo suficiente, fíxonos un enorme agasallo: máis de 50 exemplares para ampliar a nosa colección con títulos en castelán, galelo e inglés.
PODCAST 12. CAST@RADIO
Benvid@s a unha nova entrega da cast@radio!
Neste podcast atoparedes o seguinte:
- O grupo de 3 anos fálannos do adorno que crearon para celebrar o maio. Queredes saber como o fixeron?
- A clase de 4 e 5 anos explícannos como están os seus vermes de seda. Non vos perdades como están agora!
- A rapazada de 2º trae moitas novas: actividades de maio da biblio, reto do mes e obradoiro de camisetas.
PODCAST 11. CAST@RADIO ESPECIAL LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A XELA ARIAS
Boas rapazada!
Hoxe é un día de festa, pois é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS! E iso, como non, merece facer un programa especial de radio para homenaxear á autora á cal este ano se lle dedica esta celebración tan importante (non só para a nosa lingua, se non para toda a nosa cultura). Ela é...
XELA ARIAS!
Se queredes saber un pouquiño máis desta autora, non vos perdades a seguinte entrada do blogue, na que a rapazada vos conta con todo detalle a súa vida.
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, xunto ás súas profes, maquinaron a brillante idea de xuntarnos na Cast@radio a min (Castañón), ao Quixote, á bruxa de Roald Dahl, ao señor Bianchi e ao Conde Drácula. Queredes saber para que? Non vos perdades este divertidísimo programa!!
Acende o teu galego!!
PODCAST 10. CAST@RADIO
PODCAST 9. CASTARADIO
Aquí estou cunha nova entrega da Castaradio!!
Hoxe a rapazada fálanos do seguinte:
- Obradoiro "Aventureiras Intrépidas" que realizou o alumnado de 3º e de 6º con Charo Pita.
- A clase de 6º cóntannos as experiencias que se levaron a cabo no centro ao redor do 8M.
- O profe misterioso, da man do grupo de 5º. Nesta ocasión chegaron á conclusión de que era a profe Estefanía pero... pensades que estarán no certo???
O profe misterioso do programa anterior era.....
a profe Bea!!!!
- Faladoiro cos grupos de infantil.
PODCAST 8. CASTARADIO
PODCAST 7. CASTARADIO
Xa estou de volta cun novo programa de radio! Nesta ocasión a rapazada ven a explicarvos algunhas das actividades celebradas no centro neste trimestre. Ademais da sección "Adiviña o conto"...
PODCAST 6. CASTARADIO
PODCAST 5. CASTARADIO
PODCAST ESPECIAL NADAL
Ola familia!
Que tal estades a pasar as vacacións? Para que non vos esquezades de min, hoxe déixovos o programa especial de Nadal que fixo a rapazada antes de rematar o trimestre.
PODCAST SEMANAL 4.
Rapazada, aquí vos deixo o último programa semanal da Castaradio antes das vacacións. Proximamente compartirei con vosco o especial de Nadal para que poidades pasar un bo anaco cos vosos compañeiros e compañeiras.
Agardo que vos guste!
25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Este curso, como non podía ser doutra maneira, a conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero fixémola través dos contos.
Cada clase seleccionou un libro e analizouno a fondo. A rapazada aprendeu o que son os estereotipos e tamén os valores que normalmente se atribúen a cada xénero, destacando a súa presenza en gran parte das historias que len ou vén. Estes foron os libros seleccionados.
Despois disto, houbo reparto de roles e prepararon unhas entrevistas que foron gravar á castaradio. Quedáronlles chulísimas! A ver se adiviñades quen fai de quen? Metéronse tanto no papel que eu case non son quen de recoñecelos!
Gracias por estas historias, paseino xenial con elas pero sobretodo, aprendín un montón!
Saúdos de Castañón!!
PODCAST SEMANAL 3.
2º PODCAST SEMANAL
Segundo podcast na CASTARADIO. Que novas nos traerá hoxe a rapazada?
ESTREAMOS O CURSO NA CASTARADIO!
Boas rapazada!
Xa nos estamos poñendo ao día coa Castaradio. Aínda que cun pouco de atraso, aquí vai o primeiro podcast de novas que gravamos neste curso 2020/2021. Podedes atopar todos os programas que vaiamos emitindo (e os dous outros anos) na lapela "Programas de radio" da barra superior.
Ensínovos algunhas fotos:
PORTAS GAÑADORAS























































