Durante o mes de xaneiro a rapazada tivo que afrontar un novo reto, queredes saber cal foi?
Castañón desapareceu! Para salvalo, a partir do próximo luns, teremos que cumprir os mandatos do Meco de "Carballedo 20-30". Entre todos poderemos liberalo!
Para o obradoiro de biblioteca creativa deste curso optouse por unha actividade acorde coa visión sustentable do planeta: elaboración dunha construción con vimbio, empregando a técnica da cestería intuitiva baseada no tecido ao azar (técnica similar á que utilizan os paxaros para elaborar os seus niños). .jpeg)
Dentro do proxecto de animación á lectura, unha das actividades que máis gusta á rapazada é coñecer ás persoas das que saen as súas historias favoritas e o coñecer o por que dos pequenos detalles.
Ola rapazada!
O pasado luns 30 de xaneiro festexouse o Día Internacional da Paz e, como non, no noso colexio quixemos levar a cabo unha actividade para concienciar sobre a importancia de valores como o respecto, a solidariedade...