Día da muller e da nena na ciencia

O 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e Nena na Ciencia, e nós tivemos o pracer de recibir no cole a unha exalumna científica: Ana veu compartir con toda a rapazada a súa experiencia.
Ana falounos do que é a ciencia, do que se precisa a nivel persoal, educativo e técnico para ser científica, e amosounos como tamén son mulleres as que están detrás de grandes descubrimentos ao longo da historia. 
Non puidemos escoller a unha muller mellor para compartir a súa experiencia. Ela é enxeñeira forestal e, en relación ao ODS 15 (Vida de ecosistemas terrestres), veu a falarnos sobre o seu traballo: a teledetección ambiental, e como esta pode axudar en temas como o control de incendios ou a detección de plagas. 
O alumnado puido experimentar de primeira man cos instrumentos que emprega no seu día a día e coñecer as actitudes necesarias para traballar con drons. 
Moitas gracias a esta veciña de Carballedo por ser un exemplo para toda a rapazada, nenAs e nenOs, e por facer unha labor tan importante no ámbito ambiental.  

Castañón
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario