Boas rapazada! Xa estou aquí nun novo ano cunha proposta máis de actividades para a dinamización da biblio. Queredes saber o que fixemos este mes?
Nunha ocasión máis priorizamos as actividades que fomentasen a produción e o consumo responsable como a percusión corporal, a papiroflexia con papel que xa non nos serve, a elaboración dun tres en raia con material de refugallo...
Ademais, Laura volveu para rematar a elaboración do teatriño. Por fin está listo para facer as nosas interpretacións en próximas sesións!
Gracias un mes máis por vir facerme compañía á biblio pola tarde!
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario