Celebración do Día da Paz

     Ola rapazada!

O pasado luns 30 de xaneiro festexouse o Día Internacional da Paz e, como non, no noso colexio quixemos levar a cabo unha actividade para concienciar sobre a importancia de valores como o respecto, a solidariedade... 


Como todos os anos, o día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano, tendo en conta o noso proxecto Carballedo 2030, quixemos visibilizar este día dende unha nova perspectiva, entendendo a paz como un concepto que defenda non só a non violencia, senón tamén o respecto, a solidariedade, a empatía, o consumo responsable... Para iso, colaboramos coa iniciativa Pontevedracorrexguinea na campaña de recollida de zapatillas destinadas a unha escola de Guinea. Os seus promotores, Ávaro e Alberto, acudiron ao colexio e ofreceron unha pequena charla sobre este proxecto, dende como naceu ata a realidade da rapazada desa escola. 


Por outra banda, co obxectivo de concienciar sobre a importancia do consumo responsable o noso alumnado tivo que averiguar cantas zapatillas tiñan nas súas casas para que, despois, a rapazada de 5º de EP analizase, mediante unha representación gráfica, cal é a media que temos por persoa. Sabedes cal foi o resultado? O estudo reflexou que temos unha media de oito pares! Non vos parecen moitos?
Como podedes ver, fomos traballando e sensibilizando sobre os diversos obxectivos da axenda 2030, dende o consumo responsable, ata a redución das desigualdades ou o fin da pobreza. 


Para rematar, queremos agradecerlle ás familias a súa implicación nesta iniciativa pois durante toda a semana recibimos unha morea de zapatillas... concretamente, tras facer o reconto, un total de 140! 





Unha forte aperta,

Castañón





1 comentario:

  1. Encantoúnos a iniciativa de Álvaro e Alberto e moito mais o seu resultado rapazada! Por un consumo sustentable e sostible...camiñando xuntos cara o Carballedo 20-30!!! Estádelo a facer fenomenal!! Noraboa!!!!

    ResponderEliminar