Para o obradoiro de biblioteca creativa deste curso optouse por unha actividade acorde coa visión sustentable do planeta: elaboración dunha construción con vimbio, empregando a técnica da cestería intuitiva baseada no tecido ao azar (técnica similar á que utilizan os paxaros para elaborar os seus niños).
Todo o alumnado do cole traballou por quendas en grupos interniveis no que cada un aportou as súas habilidades e puntos fortes. Traballo cooperativo que permitiu aprender máis e mellor e fortalecer as relacións entre eles. Aquí tedes unha pequena documentación do proceso:
Este foi o resultado final do traballo conxunto:
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario