Recibimos a María Canosa en Bibliocarballedo

 Dentro do proxecto de animación á lectura, unha das actividades que máis gusta á rapazada é coñecer ás persoas das que saen as súas historias favoritas e o coñecer o por que dos pequenos detalles.

Despois de contar con Fina Casalderrey e Antía Yáñez o pasado curso, este ano apostamos por seguir dando importancia a escritoras galegas motores da nosa literatura infantil e xuvenil. Así, traballamos con "Unha fábrica de bicos", "Rubicundo", "A cazadora de estrelas" e "Muriel", e convidamos á súa autora: María Canosa.


Unha xornada moi enriquecedora para o alumnado, quen puido resolver todas as dúbidas dos contos lidos e aprender que moitas veces as historias dependen tanto das persoas que as escriben como daquelas que as len. 

Moitas gracias a María por vir a contaxiar as súas ganas por ler e escribir.


Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario