OBRADOIRO "BOOKTRAILER". BIBLIOTECA CREATIVA

Boas rapazada!

Á volta das vacacións recibimos no centro ao equipo Ginko, que veu realizar un obradoiro no marco do programa Biblio Creativa cos grupos de 5º e 6º. Dado que este ano tanto profes coma estudantes estiveron trasteando co croma e lles resultou tan atractivo, pensamos que sería unha boa idea que o alumnado desenvolvera as súas competencias literarias e dixitais a través dun obradoiro de Booktrailer e... que marabilla de xornada! Canto se divertiron e canto aprendemos!

A tarefa comezou días anteriores cando a rapazada se organizou en equipos e seleccionaron os libros que máis lles gustaban e cos que querían traballar. Despois de lelos e revisalos varias veces pensaron na súa idea e crearon unha sinopse para despois pasala a guión. Tamén tiveron que darlle á cabeza para atopar o atrezo que mellor encaixara coas súas historias. Foi un traballo bastante duro, pero fixérono xenial.
















Como podedes ver, o venres 9 de abril dedicamos toda a mañá a poñer en marcha este proxecto: primeiro aprenderon acerca de planos e a calidade do son, logo pasaron a viñetas o seu guión para saber cantas escenas iban gravar e que dirían en cada unha, a continuación veu a posta en escena (na que aprenderon a buscar localizacións, gravarse, a repetir unha e outra vez, a elixir as mellores tomas, a traballar en equipo, respectarse e poñerse de acordo...) e finalmente, o que agardaban con entusiasmo: a montaxe e producción do vídeo! Non me lío máis que se non non calo... déixovos que miredes ben todas as imaxes e este vídeos do proceso, que vos poden dicir moito máis ca min.

    

Noraboa a toda a rapazada polo seu GRAN traballo e ata a próxima!! 

Castañón.


Aquí podedes ver o resultado FINAL, sobre o que traballaron para presentar polo Día do Libro. 


PODCAST 9. CASTARADIO

 Aquí estou cunha nova entrega da Castaradio!!

Hoxe a rapazada fálanos do seguinte:

- Obradoiro "Aventureiras Intrépidas" que realizou o alumnado de 3º e de 6º con Charo Pita. 

- A clase de 6º cóntannos as experiencias que se levaron a cabo no centro ao redor do 8M. 

- O profe misterioso, da man do grupo de 5º. Nesta ocasión chegaron á conclusión de que era a profe Estefanía pero... pensades que estarán no certo???

O profe misterioso do programa anterior era.....

                                        a profe Bea!!!!


- Faladoiro cos grupos de infantil. 




















Adiviñades pola foto quen é a profe misteriosa deste podcast?










EXPOSICIÓNS PDI 2º TRIMESTRE "A VOLTA AOS CONTINENTES A TRAVÉS DOS CONTOS"

Benvidos e benvidas nunca ocasión máis a... O ANO DOS CONTOS!

Ao longo do 2º trimestre toda a rapazada volveu sacar as súas dotes investigadoras para seguir pescudando acerca dos contos. 

Ademais, seguindo o lema da Asesoría de Bibliotecas Escolares ("Xeografías Lectoras"), cada curso orientou a súa temática de traballo a un continente para coñecer algo máis del.

Hoxe témolos aquí coas súas exposicións.

PREPARADO/AS PARA VIAXAR POLO MUNDO? Imos aló!

O alumnado máis pequeniño do centro vainos falar acerca dos estereotipos e valores que nos poden transmitir os contos para que sexamos quen de identificalos.


O grupo de 1º e 2º meteuse de cheo no papel para informarnos de quen son as personaxes típicas dos contos.


Queredes saber quen son os escritores de contos máis famosos de América do Norte? Pois escoitade ben atentos á rapazada de 3º e 4º, que nolo van contar. 



Por último, a clase de 5º van ser os vosos guías turísticos por América do Sur, e a de 6º gravou a súa viaxe en interrail por Europa, para recomendarvos lugares clave así como os seus contos clásicos e modernos máis importantes.




Buff! Que canso estou de tanto viaxar... Creo que me vou quedar por unha tempada longa na biblio lendo as recomendacións tan interesantes que me fixo a rapazada. Deica a próxima!!
Saúdos de Castañón!!!  

 

ACTIVIDADES PARA A DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA. MARZO

Boas rapazada! Deixamos atrás un mes de marzo cargado de actividades novidosas dende a biblio.


Fixemos ioga a través dos contos, aprendemos a facer debuxos kawaii, tivemos uns experimentos sorprendentes no clube de ciencia e desenvolvimos un obradoiro de decoración de tazas que vos encantou! Aquí vos deixamos todas as fotos!