OBRADOIRO "BOOKTRAILER". BIBLIOTECA CREATIVA

Boas rapazada!

Á volta das vacacións recibimos no centro ao equipo Ginko, que veu realizar un obradoiro no marco do programa Biblio Creativa cos grupos de 5º e 6º. Dado que este ano tanto profes coma estudantes estiveron trasteando co croma e lles resultou tan atractivo, pensamos que sería unha boa idea que o alumnado desenvolvera as súas competencias literarias e dixitais a través dun obradoiro de Booktrailer e... que marabilla de xornada! Canto se divertiron e canto aprendemos!

A tarefa comezou días anteriores cando a rapazada se organizou en equipos e seleccionaron os libros que máis lles gustaban e cos que querían traballar. Despois de lelos e revisalos varias veces pensaron na súa idea e crearon unha sinopse para despois pasala a guión. Tamén tiveron que darlle á cabeza para atopar o atrezo que mellor encaixara coas súas historias. Foi un traballo bastante duro, pero fixérono xenial.
















Como podedes ver, o venres 9 de abril dedicamos toda a mañá a poñer en marcha este proxecto: primeiro aprenderon acerca de planos e a calidade do son, logo pasaron a viñetas o seu guión para saber cantas escenas iban gravar e que dirían en cada unha, a continuación veu a posta en escena (na que aprenderon a buscar localizacións, gravarse, a repetir unha e outra vez, a elixir as mellores tomas, a traballar en equipo, respectarse e poñerse de acordo...) e finalmente, o que agardaban con entusiasmo: a montaxe e producción do vídeo! Non me lío máis que se non non calo... déixovos que miredes ben todas as imaxes e este vídeos do proceso, que vos poden dicir moito máis ca min.

    

Noraboa a toda a rapazada polo seu GRAN traballo e ata a próxima!! 

Castañón.


Aquí podedes ver o resultado FINAL, sobre o que traballaron para presentar polo Día do Libro. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario