DÍA DO LIBRO 1ª PARTE: BOOKTRAILER

  BENVIDOS E BENVIDAS Á GRAN PRODUCIÓN DE BOOKTRAILER DA CASTARAPAZADA!

Aquí vos traio o que sei que TANTO estabades agardando. Inauguramos a publicación das actividades polo Día do Libro 2021 con esta recomendación lectora TAN especial, unha sorpresa que vos tiñan preparados os grupos de 5º e 6º.

Nestes vídeos están recollidas moitas horas de esforzo e aprendizaxe, como resultado da participación deste alumnado no obradoiro de Booktrailer (grazas á nosa pertenza ao programa Biblioteca Creativa). 

Sen máis, agardo que vos gusten tanto como a min e que poidades apreciar o resultado deste traballo case autónomo por parte do alumnado. Ahh... e non me quero esquecer de agradecer a Cosme a súa axuda e o seu cameo!!


Experimenta Ciencia


Mortadelo e Filemón no Mundial do 2002


O que non veu Caparuchiña Vermella


Experimenta Cociña


O raposo Rufo. Grandes Receitas


Correde á biblio a saber que acontece nestes libros e a descubrir todas as novidades!!


Castañón 
(Moi orgulloso da súa rapazada)

Ningún comentario:

Publicar un comentario