Amosando publicacións coa etiqueta xeografíaslectoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xeografíaslectoras. Amosar todas as publicacións

EXPOSICIÓNS PDI 2º TRIMESTRE "A VOLTA AOS CONTINENTES A TRAVÉS DOS CONTOS"

Benvidos e benvidas nunca ocasión máis a... O ANO DOS CONTOS!

Ao longo do 2º trimestre toda a rapazada volveu sacar as súas dotes investigadoras para seguir pescudando acerca dos contos. 

Ademais, seguindo o lema da Asesoría de Bibliotecas Escolares ("Xeografías Lectoras"), cada curso orientou a súa temática de traballo a un continente para coñecer algo máis del.

Hoxe témolos aquí coas súas exposicións.

PREPARADO/AS PARA VIAXAR POLO MUNDO? Imos aló!

O alumnado máis pequeniño do centro vainos falar acerca dos estereotipos e valores que nos poden transmitir os contos para que sexamos quen de identificalos.


O grupo de 1º e 2º meteuse de cheo no papel para informarnos de quen son as personaxes típicas dos contos.


Queredes saber quen son os escritores de contos máis famosos de América do Norte? Pois escoitade ben atentos á rapazada de 3º e 4º, que nolo van contar. 



Por último, a clase de 5º van ser os vosos guías turísticos por América do Sur, e a de 6º gravou a súa viaxe en interrail por Europa, para recomendarvos lugares clave así como os seus contos clásicos e modernos máis importantes.




Buff! Que canso estou de tanto viaxar... Creo que me vou quedar por unha tempada longa na biblio lendo as recomendacións tan interesantes que me fixo a rapazada. Deica a próxima!!
Saúdos de Castañón!!!  

 

XEOGRAFÍAS LECTORAS: QUE É LER PARA TI?


 QUE É LER PARA TI?

Este curso, a asesoría de bibliotecas fai xirar as bibliotecas escolares sobre o lema "Xeografías lectoras". Co proxecto "O ano dos contos" estamos intentando volver á esencia da lectura para que o alumnado acceda a ela simplemente por pracer, como fonte de gozo. Así, primeira actividade que propuxeron os profes, relacionándoa co Día da Palabra, foi describir cunha verba o que é ler para nós, para toda a comunidade educativa. 

Este foi o resultado.

 

 Grazas pola vosa colaboración!