Ola rapazada!
O noso alumnado de 5º e 6º de educación primaria visitaron recentemente Santiago de Compostela para coñecer de primeira man as institucións da nosa política.
En primeiro lugar foron á Xunta de Galicia, onde visitaron as diferentes dependencias como a Sala de Consello ou a Sala de Comisión de Secretarios. Despois acudiron ao Parlamento e alí coñeceron de primeira man a labor que desempeñan os nosos deputados e deputadas e aprenderon sobre as funcións, a organización ou a historia desta institución… e incluso tiveron a sorte de asistir a unha sesión plenaria dende a tribuna do público.
Como vedes, unha actividade super práctica na que se fomenta o sentido crítico e a participación responsable do noso alumnado na sociedade.
Un saúdo,
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario