OLA RAPAZADA!
Como xa sabedes, a semana pasada Gusmalote do Lixo atrapoume entre plásticos, papeis... e para poder liberarme, tivestedes que cumprir cos seus mandatos. Ademais, demos paso ao entroido coa xa coñecida como a FARIÑADA.
Algúns dos mandatos que Gusmalote impuxo foi levar á escola gafas de buceo, algo na cabeza ou na cara, roupa do revés ou ir en pixama. A vosa implicación durante estes días foi increíble e, ademais, estabades guapísimos!
Pero sen dúbida, o máis divertido de todo foi a gran fariñada coa que festexamos o comezo do verdadeiro entroido. Por aquí vos deixo unhas fotiños que demostran que o que vos conto é certo... mirade que caras de felicidade!
Como vedes, unha auténtica festa na que tanto o alumnado como o profesorado pasaronno en grande!
Unha forte aperta,
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario