Este curso continuamos a participar no programa "Club de Lectura" e, dando un pasiño máis, ampliamos as actividades aos grupos de 3º e 4º.
Esta foi a selección de lecturas do alumnado para o primeiro trimestre:
5º e 6º: A señorita Bubble e a Cidade do átomo (título que nos quedara pendente por ler o curso pasado).
3º e 4º: El superzorro de Roald Dahl. Unha lectura moi amena e divertida para un primeiro contacto co club de lectura e as súas actividades.
Aquí tedes algunhas fotiños das nosas xuntanzas:
Por outra banda, tamén se reuniu o grupo de familias para comentar a lectura "Non penses nun elefante rosa", narrativa de Antía Yañez que visibiliza a realidade que existe arredor da saúde mental na nosa época.
Ningún comentario:
Publicar un comentario