Novo reto de Biblio Creativa: decembro e os ecosistemas terrestres

Dende Biblio Creativa volven, un ano máis, os retos! Queredes ver que tal se lle deu á rapazada?


    Xa que este ano estamos metidos de cheo no proxecto "Carballedo 2030", que mellor que seguir afondando nos seus obxectivos a través deles. Este decembro o escollido foi o "ODS 15: Ecosistemas terrestres".


    Da man deste reto viaxamos a catro dos ecosistemas terrestres principais, falamos da fauna que albergan e analizamos algunhas das principais ameazas que afrontan; todo isto a través da robótica. Aquí vos deixo unhas imaxes para que vexades o ben que o fixeron as nosas nenas e nenos!





Agárdovos o vindeiro mes cun novo reto.

Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario