Premiados no VIII Concurso de Traballo por Proxectos por "O ano de Galicia"

 Estimada comunidade educativa:

hoxe estou aquí para celebrar que, despois do duro traballo realizado ao longo do curso pasado por todos e todas vós, a consellería de educación vén de resolver o VIII Concurso de Traballo por Proxectos.

A finais do curso pasado considerouse que o proxecto realizado ("O ano de Galicia") era tan bo e se obtiveran uns resultados tan interesantes con el que o noso centro debería participar neste concurso. Así foi que, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa premiou ao CEIP Plurilingüe de Carballedo neste VIII Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios. 

Deixámosvos aquí os documentos presentados. Tanto os materiais complementarios elaborados:

Como o proxecto en si:

A resolución do concurso podédela atopar aquí: resolucion_viii_concurso_tpp_firmada.pdf (xunta.gal)

Moitas gracias a toda a comunidade educativa pola vosa participación nel. 

Castañón!

1 comentario:

  1. ¡Noraboa muestres e rapazada! Fixéchedes un traballo estupendo!! A mellor escola do mundo!!! 🥳🥳

    ResponderEliminar