Celebración do Magosto e Samaín

 Boas rapazada!
Fai uns días celebramos un ano mais o Samagostín e puxemos no noso cole unha morea de cousas!


 Ademais tamén fixemos diferentes obradoiros cargados de medo e diversión como lectura ás escuras, tatuaxes terroríficos, remexer entre cousas verdadeiramente repugnantes, o Castamagosto… incluso tivemos un taller no que puidemos pintarnos diferentes cousas como feridas, arañas ou incluso esqueletos! 
                    

         




Despois de todas estas actividades quedamos famélicos e volvemos disfrutar dunhas riquísimas castañas asadas!






Pero a mañá non rematou aquí, alguén malvado, mentres os rapaces e rapazas degustaban as castañas, colleume na biblioteca e escondeume!! Menos mal que o noso alumnado, mediante a superación de diferentes probas, poido dar comigo... senón agora mesmo, onde estaría eu?



E para rematar, que me decides dos vosos disfraces? Deste moitísimo medo...cada ano que pasa sodes máis orixinais! 







Como podedes ver, elixir aos gañadores do concurso deste ano estivo moi complicado... mais aquí vos deixamos unhas fotiños dos premiados e premiadas. NORABOA A TODOS E TODAS!


Premio polo disfrace máis cultural para Javier Mouriño e Hugo Diz


Premio polo disfrace máis caracterizado para Arale Rodríguez


Premio polo disfrace máis creativo para Lara Pazos e Nerea Pazos


Premio polo disfrace máis enxebre para Victoria Ventín



Premio polo disfrace máis terrorífico para Daniel Pazos


Premio polo disfrace coa mellor maquillaxe para Matías Agraso


Unha aperta

Castañón





Ningún comentario:

Publicar un comentario