Gravación con Radio Emociónate

 Boas!!

Esta semana, gracias á colaboración coa asociación Ondiñas, recibimos a visita do equipo de Si Radio. 

Co seu programa "Radio Emociónate", a emisora está a achegar a radio e todo o que hai detrás dela a diferentes centros da nosa xeografía. Coa organización de Amparo, o alumnado traballou para entrevistar ao alcalde do concello, Jorge Cubela, ao ilustrador Víctor Rivas e ao escritor Antonio García Teijeiro.

A nosa biblio converteuse en sala de gravación en directo e nos corredores contamos cunha exposición sobre a historia da radio e as súas grandes voces. 

O alumnado tamén tivo que crear as súas historias sobre a radio; e as familias participaron  enviando audios de anécdotas da súa infancia con este medio de comunicación. Pronto poderemos escoitar o programa. 

 



Moitas gracias a Ondiñas e a Si Radio por seguir apostando polos centros rurais e por contaxiar a maxia da radio á nosa rapazada. 

Castañón! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario