Día contra a violencia de xénero.

 Ola rapazada!

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o día contra a violencia de xénero e, por mor disto, o noso alumnado estivo toda a semana inmerso en coñecer que ben sendo isto, que non o é, os tipos de violencia que hai así como datos moi específicos da realidade na que viven moitas mulleres.

O resultado final plasmouse neste fermoso vídeo coa finalidade de concienciar e fomentar valores como o respecto, a igualdade e a liberdade e puidemos velo todos xuntos e xuntas dende a nosa biblio.



Non nos podemos esquecer que a violencia de xénero, segue sendo, a día de hoxe, a manifestación máis grave da desigualdade que sofren as mulleres fronte aos homes. 

Por isto e moitas cousas nós, o CEIP Plurilingüe de Carballedo, DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, HOXE E TÓDOLOS DÍAS DO ANO. 

Castañón




Ningún comentario:

Publicar un comentario