OLA RAPAZADA!
Este mes tivemos o pracer de levar a cabo no noso cole un obradoiro de papel de refugallo a cargo de MATRACALA.
Este foi o primeiro obradoiro realizado polo noso alumnado no marco do PDI, no cal aprenderon a fabricar papeis a partir de desfeitos de cartón, papel reciclado e tintes naturais e así contribuír co noso medioambiente.
Unha vez
feito o papel, os nosos rapaces e rapazas puideron debuxar e incluso escribir
con tinta e pluma, experimentando sobre as diferenzas que hai con respecto a
escritura en bolígrafo ou lapis e podemos dicir que se lles deu de marabilla!
E, para rematar, coñeceron a técnica do lacrado e selaron as súas propias cartas e debuxos, unha maneira de poder envialas garantindo a súa privacidade e que xa se empregaba fai moitos anos. A que lles quedaron chulísimas?
Moitas grazas aos profesionais que viñeron ao colexio a ensinarnos tantas cousas.
Unha aperta,
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario