Chegou samaín 2022 e con el... as terroríficas cabazas (ODS neste caso) que elaborou o noso alumnado para o concurso de cabazas "Carballedo 20-30".
Rapazada estou sorprendidísimo coas propostas tan orixinais e traballadas que se vos ocorreron neste ano no que a temática era tan difícil, pois a temática era a do noso PDI: a axenda 20-30 e os obxectivos de desenvolvemento sustentable. Déixovos aquí todas elas para que vos quededes coa boa aberta!
Quero agradecer a todos vós e ás vosas familias a enorme acollida desta actividade un ano máis, así como a vosa implicación. Todos eles son traballos moi bos e por iso foi tan complicado escoller as cabazas gañadoras.
SEN MÁIS DILACIÓN... NORABOA AOS E ÁS PREMIADAS!!
Premio ás cabazas ODS máis espectaculares para Noa e Nati Puente Blanco
Premio á cabazas ODS máis reciclada a Mía Peleteiro Ambroa
(Recolle o diploma a titora)
Premio á cabazas ODS que máis invita á reflexión para André Regadas Fernández
(Recolle o diploma a titora)
Premio á cabaza ODS máis sustentable para Leo de Jesús Lino
(Recolle o diploma a titora)
Premio ás cabazas ODS máis ecoresponsable para Martín Fernández Bey e Lucas Fortes
Premio ás cabazas ODS polo traballo máis autónomo a Alex Pousa e Matías Agraso
Premio á cabaza ODS máis ecoterrorífica para Carlos Cortizo
(Recolle o diploma a titora)
Premio á cabaza ODS máis esperanzadora para Yaiza Fernández Bey
(Recolle o diploma o seu irmán na súa representación)
Unha aperta.
Castañón
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

Sodes uns artistas rapazada!! Canto inxenio e imaxinación!! Terroríficamente espectaculares!!! NORABOA
ResponderEliminar