Este curso no cole metímonos de cheo no traballo por proxectos propiamente dito, pois consideramos que o traballo coas fontes documentais e o desenvolvemento das habilidades informativas era un aspecto primordial que requería unha planificación e unhas actividades sistematizadas.
Cada aula recibiu un dossier de traballo no que se presenta o ODS a abordar e, para conducir o proceso, tamén os obxectivos que deben acadar ao finalizalo. Ademais, nesta carpeta inclúese unha ficha de rexistro de tarefas e actividades, o documento explicativo do PDI e un catálogo do material documental co que contan para traballar.
Fíxose un profundo traballo de investigación e recompiláronse as fontes documentais imprescindibles para a abordaxe de cada un dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (botando de menos a existencia de máis títulos en lingua galega). Fixémonos con todo este material, aumentando considerablemente o apartado divulgativo da nosa biblio, e repartiuse por clases.
Por se fose do voso interese deixámosvos aquí a constelación non literaria elaborada para o traballo dos ODS e da AXENDA 2030 adaptada a educación infantil e primaria.
Castañón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario