Retomamos o curso 2022-2023 dende biblio creativa organizando unha chea de obradoiros para a dinamización das tardes en bibliocarballedo.
Por fin puidemos volver á actividade pre-pandemia con alumnado compartindo espazos, tempos, xogos e aprendizaxe. Esta foi a proposta para o primeiro mes de biblio.
No mes de outubro tivemos unha visita moi especial: Uxía organizou un obradoiro de ioga no que introduxo ao alumnado en técnicas respiratorias e na consciencia da postura corporal a través dunha historia sobre a necesidade de desfrutar da nosa paisaxe natural (ODS 3. saúde e benestar e 15. protección dos ecosistemas terrestres).
Tamén fixemos un montón de propostas de samaín.
E aquí tedes alguhas fotiños das outras actividades deste mes. Agardo que vos gusten :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario