Amosando publicacións coa etiqueta nadal20-21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nadal20-21. Amosar todas as publicacións

UN NADAL DE CONTO NO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO

Hoxe vouvos ensinar como foi o noso Nadal de conto: 

- Decoramos o cole baixo a temática do PDI:



- Comezamos o mes estrenando o calendario "Advento de conto". Cada aula tivo unha selección de contos cunhas actividades chulísimas de animación á lectura.




- O alumnado de 5º e 6º fixo unha feira de Nadal para vender as producións que fixeron na cooperativa que crearon ("As Cores de Carballedo). E foi un éxito!!






- Rematamos o mes celebrando o Nadal por todo o alto: sesión de cine con flocos de millo, sorteo da lotaría e entrega de premios, comemos melón coas badaladas, fixemos un montón de manualidades, veu Papá Noel, cansamos de bailar e pasámolo moi moi ben!










                                

                                      


Bo Nadal 2020 e Feliz 2021!

Saúdos de Castañón!!

PODCAST ESPECIAL NADAL

Ola familia! 

Que tal estades a pasar as vacacións? Para que non vos esquezades de min, hoxe déixovos o programa especial de Nadal que fixo a rapazada antes de rematar o trimestre. 


POSTAL DE NADAL: FELICES FESTAS DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO

Benqueridas familias,

nestas datas tan especiais eu, Castañón, xunto co equipo docente do colexio, agardamos que pasedes unhas felices festas e un próspero ano novo! 
O meu desexo para este ano é que todo o alumnado poida volver a traballar e desfrutar (maiores e pequenos xuntos) na biblio, como faciamos antes.
Como non podía ser doutro modo, este ano fixemos unha postal diferente gracias á axuda de Cosme para desexarvos un BO NADAL.


 

Desfrutade coas merecidas vacacións rapazada!! Cargade moito ás pilas, lede moito e ...

BOA ENTRADA DE ANO! VÉMONOS Á VOLTA!
(Comede todas as uvas, que agora xa tedes práctica).

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

 Aínda non sabes que mercar este Nadal? Non o dubides, aposta polos libros! Ademáis, son ideais para esta época de pandemia:

- permítenche viaxar sen ter que saír da casa.

- ensínanche a ser crítico coa información que recibes.

- aprendes a pensar e a valorar outros puntos de vista.

- é unha moi boa opción para entreterse e facer novas amizades.

Aquí vos deixo recomendadas unhas das miñas lecturas favoritas. Agardo que vos guste a selección que fixen especificamente pensando en vós.

Ah! E non vos esquezades: facede como toda a miña rapazada e apostade polo local á hora de mercar!




Ata a próxima! 

Castañón.