PROGRAMA 16. CAST@RADIO. ANUNCIO DO MERCADO DE "AS CORES DE CARBALLEDO" E OUTRAS ACTIVIDADES

Aquí estamos un día máis cun novo programa na cast@radio!!

Non vos podedes perder esta edición xa que, a rapazada de 6º vennos contar que solicitaron permiso ao concello e mañá van estar eles/as, xunto coa clase de 5º, na plaza da Chan. Os cooperativistas de "As cores de Carballedo" levan traballando un montón todo o curso para este día e crearon uns productos chulísimos!!

Tamén tedes como foi a experiencia coa Foodtruck, a actividade tan diferente que están facendo o grupo de 4º en plástica, como se desenvolveu o PDI neste trimestre e finalizamos coa clase de 2º, que nos conta cal foi o reto do mes da biblio e que lles pareceu.


                           



Agardo vervos mañá na praza da Chan ao longo da mañá!!

Saúdos de Castañón!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario