PODCAST 8. CASTARADIO

Boas!!

Estrenamos a primavera cun novo programa na Castaradio!! Nesta ocasión a rapazada venvos falar do seguinte:

- "A biblioteca mola un montón": sección que recolle todas as actividades que se están a facer na biblio.

- "Así vivimos o entroido": coñeceredes cales foron as impresións do alumnado ante o meu secuestro eh...
-  Tedes en primicia unha entrevista que lle concedín á profe Tania na que lle conto como foi realmente para min o Entroido. Non vola perdades!

- Recomendacións para o Día da Muller.

- "O profe misterioso": con que pistas nos sorprenderá hoxe a rapazada de 5º? Adiviñastes as do programa anterior?? A solución era.....  A PROFE LUCÍA!!!!! Non a recoñeciades?? Pero se é igualiña! A ver se nesta adiviñades á primeira (despois de escoitar as pistas baixade para mirar a foto). Sabedes que tedes colgadas estas fotos no corcho da biblio!




Ata a vindeira semana!











































Ningún comentario:

Publicar un comentario