Club de lectura 2º trimestre

 BOAS RAPAZADA!
Como xa sabedes, no noso cole participamos con moitas no nos clubs de lectura e, ao igual que ocorreu no primeiro trimestre, este segundo foi todo un éxito.

Ao longo destes meses fixemos a lectura compartida dos libros seleccionados, unhas xuntanzas nas que non só lemos ou comentamos as historias, senón nas que tamén creamos, interpretamos, pensamos... e sobretodo, gozamos!

Neste trimestre, a diferenza do que ocorreu na primeira avaliación, o alumnado de 1º e 2º leu o mesmo libro, sendo o escollido nesta ocasión O nacemento do dragón, un conto cheo de maxia e ilusión. Despois da lectura, ilustraron o dragón coñecendo unha nova técnica: o esgrafiado. 
      
No caso dos cursos de 3º a 6º decántamos por ler teatro e, nesta ocasión o alumnado de 3º e 4º leu Noé e gato fan teatro de Gloria Sánchez mentres que a rapazada de 5º e 6º leu Que cabe nun calcetín? de Paula Carballeira.
Ámbolos dous exemplares escollidos foron moi ben acollidos. No caso de Noé e gato fan teatro,  foi un libro que encheu de risas o noso club a través dunha historia na que, Noé e o seu gato deciden montar unha obra de teatro e imos descubrindo como van preparando a súa actuación. Despois de compartir experiencias sobre a lectura fixemos o noso propio O club de 3º e 4º fan teatro. Os nenos e neas tiveron uns 20 minutiños para improvisar unha pequena escena teatral e representala. Que cos parecen os resultados?



Por outra banda, o libro Que cabe nun calcetín? tamén nos encantou. Esta historia xoga en todo momento coa nosa imaxinación e invítanos a pensar que podería coller dentro dun simple calcetín. Como actividades, traballamos en primeiro lugar sobre unha nova tipoloxía textual: a reseña. Para isto, o primeiro paso foi investigar que era, que elementos debe conter... traballo que fixemos en pequenos grupos. Despois, cada un elaborou a súa propia sobre Que cabe nun calcetín?. Como actividade final, cada neno e nena trouxeron o seu propio calcetín con algún agasallo dentro para sortealos logo. Encantoulles!

Continuamos construindo espazos a través da lectura onde compartir, explorar, crear, reflexionar, imaxinar... e moito máis!
Saúdos
Castañón



Ningún comentario:

Publicar un comentario