Outro ano máis dende a noso centro continuamos impulsando iniciativas que promovan a escritura entre o noso alumnado.
Dende ben pequeniños fomentamos a escritura dun xeito lúdico e respectando o ritmo de cada neno/a. A través de debuxos, xogos ou co contacto de palabras máis significativas os máis pequenos comezan na escrita.Por outra banda, un dos aspectos que estamos a reforzar e que é un dos procesos máis importantes no proeso da escritura é a elaboración de borradores. É necesario que o alumnado saiba que, antes de chegar ao texto final, é necesario planificar, escribir, revisar e mellorar.
Ademais, tamén comezamos a traballar máis en profundidade a escritura de diferentes tipoloxías textuais: narracións, descricións, fichas técnicas, a carta...
Todas estas actividades enmárcanse dentro do noso PDI "Dende A Cuqueira para o mundo", estando sempre contextualizadas e gardando clara relación co traballado en cada momento.
Non nós esquezamos de que escribir non só é aprender, senón que tamén é comunicar e crear.
Saúdos
Castañón
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario