Continuamos outro curso máis coas rotacións interniveis enmarcadas no programa de polos creativos, a través das cales non só traballamos competencialmente senón que tamén fomentamos unha aprendizaxe inclusiva e colaborativa. Aquí vos deixamos todos os obraodoiros levados a cabo neste curso 2025/2026:
OBRADOIRO DE TECIDOS
Na primeira rotación a rapazada vestiuse de modista e xogou coas telas a facer diseños e disfrazarnos con elas, tamén aprenderon a telar con trapillo e fixeron adornos de nadal. Outro dos aspectos que traballaron foi tomar medidas coa cinta métrica e empregar o tricotín. Ademais, non se esqueceron de traballar para a nosa cooperativa "As cores de Carballedo 6.0", para a cal fixeron laciños e coelliños da sorte de macramé. E, por suposto, tamén tiveron en conta o noso PDI "Dende A Cuqueira para o mundo", coñecendo en profundidade o traxe rexional dos trazantes de Tenorio.
Xa na segunda elaboraron pompóns, continuaron facendo produtos para a cooperativa como os chaveiros, deseñaron sobre figuríns e bordaron as súas inicias co bastidor.
Como última rotación deste obradoiro fixeron un cabalo empregando diferentes e tendo presente aoCabaleiros de Cotobade como parte do noso PDI. OBRADOIRO DE ARTE E COCIÑA
Ao longo das rotacións de arte fixemos os nosos inventos, un exercicio de creatividade e traballo en equipo" (imaxinamos, formulamos e executamos un prototipo de invento con materiais reciclados, empregando a creatividade e altas doses de diálogo e cooperación para coordinarnos en pequenos equipos internivelares).
Por outra banda, nos obradoiros de cociña fixemos varias receitas: calapizzas (pizza de outono con ingredientes de tempada con forma de cabaciña) e magdalenas de plátano, rosquillas de mazá e empanadillas. Dende o noso cole facemos cociña saudable, por iso empregamos distintos tipos de fariña como as integral de avea, a de améndoa ou garavanzo e desbotamos o azucre e outros endulzantes procesados (en lugar diso poñémoslle a nota doce con froita com
o o plátano ou a mazá, canela, mel...).
OBRADOIRO DE CERÁMICA E HORTO
Nos talleres de horto levamos a cabo diversas tareas: apañamos e puxemos a sementar landras para cuando corten as arbores do cole volver plantar, limpamos moi ben os bancais da horta interior para preparar a terra para plantar leitugas e tomates, repoboamos e regamos a cova de bimbios en proceso, limpamos os bancais exteriores para próximas plantacións e atopamos restos de patacas e algún que outro ser vivo 🐛...
En canto o obradoiro de cerámica fixemos diferentes produtos para a cooperativa: táboas de embutidos, cuncas, pratos, colgadores de chaveiros...Incluso tamén fixeron xabóns!OBRADOIRO DE ROBÓTICA
Nesta estación de polos creativos levamos a cabo diversas actividades de robótica e electrónica co obxectivo de desenvolver no alumnado competencias clave como o pensamento lóxico, a creatividade e o traballo en equipo.
Organizamos estas propostas en función das distintas destrezas que se traballan:
💻 Programación: o alumnado iniciouse no pensamento computacional mediante ferramentas como o Coding Set, o Intelino tren e o Photon robot, aprendendo a crear secuencias e resolver pequenos retos.
🔧 Montaxe: realizamos actividades de construción e montaxe con Miibot, combinando o deseño co uso da programación por bloques con Crumble, favorecendo a comprensión do funcionamento dos dispositivos.
🏗️ Construción: potenciamos a creatividade a través de materiais como Korbo, Kappla, LEGO e o uso de lapis 3D, permitindo ao alumnado deseñar e crear as súas propias estruturas.
⚡ Electrónica: iniciámonos no mundo dos circuítos eléctricos co kit de iniciación á electrónica de Complubot e os circuitos de papel, experimentando de forma práctica e manipulativa.
Estas experiencias permiten ao alumnado aprender facendo, explorar novas ideas e desenvolver habilidades fundamentais para o seu futuro.
OBRADOIRO DE ORATORIA E TEATRONeste obradoiro o alumnado tivo a oportunidade de desenvolver a súa expresión verbal e corporal nun ambiente creativo e dinámico. A través de exercicios prácticos, xogos escénicos e pequenas representacións, aprenderon a comunicar con máis seguridade, mellorar a dicción e perder o medo a falar en público. Para rematar, o alumnado aplicou todo a traballado representando algúns dos actos do libro "Somos os monstros" de Paula Carballeira. Sen dúbida, unha das novidades deste ano nas rotacións de polos que foi un éxito e no que dende ben pequenos adquirimos estratexias e ferramentas que non servirán non só para mellorar a relacións con iguais senón tamén para un futuro.
OBRADOIRO DE RADIO
Para rematar, non nós podemos esquecer do obradoiro de radio, unha das actividades que máis lle entusiasman ao noso alumnado. Neste obradoiro, a través da nosa Cast@radio creamos programas de radio ou pódcasts e traballamos aspectos como a expresión oral e a comunicación. Ademais, para poder gravar primeiro temos que levar a cabo tarefas de investigación en pequenos grupos para, despois, crear a súa propia escaleta traballando polo tamén a escrita.
COMO NOS GUSTAN AS ROTACIÓNS DE POLOS E CANTO APRENDEMOS!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario