BOAS BOAS RAPAZADA!
O traballo sobre o noso PDI "Dende A Cuqueira para o mundo" non para, aquí vos deixamos as exposicións que amosan todo o investigado ao longo do 2º trimestre.
En primeiro lugar o alumnado de educación infantil amosounos, unha vez máis, que son uns verdadeiros actores, desta volta cunha fermosa obra de teatro na que presentaron a fauna principal que podemos atopar no noso concello.
No caso da rapazada do primeiro ciclo, foron expoñendo todos os pequenos traballos que realizaron estos meses: dende adiviñas sobre as ferramentas que se emprega na agricultura ata todo o que aprenderon sobre diferentes animais autóctonos como o son as vacas.
O alumnado de 3º e 4º, encargados de investigar todo sobre o noso patrimonio etnográfico, profundizaron nunha das lendas máis coñecidas do noso concello: A lenda da portalén. Cun kamishibai elaborado por eles mesmos, contáronnos en que consiste dita lenda.
Para rematar, os rapaces e rapazas de 5º e 6º continuaron investigando sobre a nosa gastronomía e, como resultado ao seu traballo, fixeron unhas estupendas obras de teatro cheas de humor.
- Representación teatral dos nenos e nenas de 5º
- Representación teatral do alumnado de 6º
ESTAMOS MOI ORGULLOSOS/AS DO BEN QUE ESTADES A TRABALLAR E DOS RESULTADOS OBTIDOS
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario