Coñecemos a casa consitorial

 BOAS RAPAZADA

Antes de pechar o segundo trimestre tivemos a gran sorte de poder coñecer máis en profundidade o concello e o seu funcionamento.

Seguimos traballando arreo no noso PDI "Dende A Cuqueira para o mundo" e, nesta ocasión, tivemos a oportunidade de visitar a Casa Consistorial na que coñecemos espazos como o salón de plenos, os rexistros, a sala de xuntas ou o mesmo o despacho do alcalde.

Por outra banda, tamén se nos permitiu estar na celebración do pleno, realizado de maneira excepcional no Antonio Fraguas co obxectivo de que puideramos estar todo o centro. Ademais, ao rematar o pleno dúas representantes do Consello Escolar da Infancia fixéronlle entrega das propostas de mellora propostas polo alumnado para facer no noso concello como arranxo de parques...



Grazas a esta actividade coñecemos o funcionamento da administracion local e potenciamos a competencia cidadá.

Saúdos

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario