Amosando publicacións coa etiqueta clubdelectura25-26. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clubdelectura25-26. Amosar todas as publicacións

Club de lectura 2º trimestre

 BOAS RAPAZADA!
Como xa sabedes, no noso cole participamos con moitas no nos clubs de lectura e, ao igual que ocorreu no primeiro trimestre, este segundo foi todo un éxito.

Ao longo destes meses fixemos a lectura compartida dos libros seleccionados, unhas xuntanzas nas que non só lemos ou comentamos as historias, senón nas que tamén creamos, interpretamos, pensamos... e sobretodo, gozamos!

Club de lectura de adultos!

No club de lectura de adultos unha das lecturas escollidas neste segundo trimestre foi Comando Sintrom, unha obra que despertou un gran interés entre as participantes pola súa orixinalidade e a temática na que profundiza.

Ademais, no encontro que levamos a cabo para intercambiar opinións sobre esta obra tivemos a gran sorte de contar coa sía autora, Beatriz García Turnes, e con Malores Villanueva que a acompañou na súa presentación. 

Grazas a este encontro, as lectoras puideron acercarse aínda máis a historia, comprender mellor os personaxes e plantexar cuestións que enriqueceron o debate.