Transformamos o patio interior coas familias

 BOAS A TODOS/AS!

O pasado venres contamos coas familias para levar a cabo a transformación dun dos nosos espazos do centro.

Este curso continuamos coa transformación de espazos grazas á colaboración e implicación das nosas familias.

Xuntos quixemos darlle unha nova imaxe a un dos nosos patios interiores e que mellor maneira de contar coa contribución de Lambitalab que encheu o centro de novas ideas para aplicar.

Alumnado e familias gozaron dunha tarde artística na que crearon macetas moi vistosas e cheas de cor con materiais de refugallo.


Pasámolo en grande!

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario