BOAS A TODOS E TODAS!
Este ano, como xa saberedes, o noso centro sumerxiuse nun novo programa: Lectura e familias.
Grazas a este novo programa, tanto alumnado como familias e mestres tiveron a oportunidade de asistir a diferentes obradoiros ao longo do curso.
O primeiro que levamos a cabo foi o espectáculo "O libro máxico" a cargo de Migallas. Un espectáculo dirixido tanto ao alumnado como as súas familias cuxo obxectivo principal é animar a gozar da lectura e convertela nun hábito no noso día a día. Esta actuación, na que se combina a narración oral, a música e o teatro trata unha gran variedade de temas como as emocións, as relacións familiares, o compañeirismo ou a importancia da imaxinación.
Outro dos obradoiros realizados estivo a cargo de Sonia Hermida, dirixido especialmente ás familias co obxectivo de proporcionarlle ideas e propostas prácticas sobre como acompañar aos nenos e nenas no seu camiño lector en función das diferentes etapas evolutivas.
Sen dúbida grandes talleres que nos aportaron grandes ideas.
Vémonos o ano que vén con novos talleres e obradoiros.
Grazas coma sempre a tódalas familias que nos acompañaron.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario