OLA RAPAZADA
Outro curso somos uns e unhas afortunados/as pois, de novo, grazas ao noso mestre de educación física e ao concello todo o alumnado de 1º a 6º puido acudir á clases de natación.
Seguimos outro curso máis cunha das actividades máis importantes do noso centro e tamén unha das favoritas do alumnado: as clases de natación.
Este ano, como xa é o noso segundo curso indo, organizáronse grupos tendo en conta o nivel de cada un/unha para así poder aproveitar ao máximo as catro clases coas que contamos.
Non hai mellor forma que aprender a nadar cos todos os compañeiros e compañeiras do cole para poder pasar así dun verán moito mellor e non falemos da importancia que ten saber nadar pola nosa seguridade, por suposto.
Ademais, xa que coñecemos moitos deportes por qué non coñecer tamén de primeira man outro como o é a natación?
Ningún comentario:
Publicar un comentario