RAPAZADA!
Parece mentira pero xa fixemos a saída fin de curso, incríble o rápido que pasou este ano verdade?
Este ano decidimos ir como saída fin de curso ao Grove para gozar dunha zona da nosa terra que non pode ser máis bonita.
Alí, o noso alumnado non só pasou un día divertido facendo xogos na praia, senón que tamén fixeron deportes acuáticos como kayak ou paddle surf.
Ademais, os monitores e monitoras tiñan preparada sopresa: unha cama elástica no medio da auga!
Sen lugar a dúbida foi un día que quedará sempre para o recordo polo ben que o pasamos...e que, por outra banda, tivemos un día solleiro cunha temperatura que parecía verán.
Aquí vos deixamos fotos que demostran que o digo non é mentira e senón fixadevos nesas cariñas!
Saúdos
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario