Conmemoramos ás nosas Superfamilias

 OLA NENOS E NENAS!
O pasado 15 de maio as vosas familias levaron unha grata sorpresa, non si?

O 15 de maio, como tódolos anos, conmemoramos o día da familia. Como ben sabedes, este ano estamos a traballar os superheroes e, concretamente neste último trimestre os superheroes na vida real: profesionais da sanidade, da educación, bombeiros/as... pero... quen mellor que as nosas familias?

Foi por isto que decidimos que cada un de vós fixera unha chapa como agasallo na que, coa técnica de pintura de dedos, debuxaran a súa superfamilia.

Por aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso e do resultado final.

Saúdos

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario