HEROES DO RÍO ALMOFREI

 

Bo día rapazada!

O alumnado de 3º e 4º  quérevos presentar o traballo de investigación que levou a cabo durante este curso escolar na área de Proxecto Competencial.


Despois de visitar o noso río Almofrei nunha das nosas Carb@rutas, decidiron aprender máis sobre a fauna que podemos atopar no noso río.




Primeiro, revisaron as láminas que nos enviaron dende Proxecto ríos sobre a fauna e flora que pode aparecer nas beiras dos ríos.

Logo, cada un escolleu un animal que existe na contorna do Almofrei para poder investigar sobre el, entre todos decidimos cales eran os aspectos máis importantes que recolleríamos nunha pequena ficha.

Para a investigación tiveron que aprender a utilizar os buscadores web do ordenador, seleccionando fontes fiables de información.

Tamén buscaron fotografías para ilustrar as fichas técnicas.

Unha vez recollida a información elaboraron e deseñaron como quedaría a páxina nun editor de texto. 

Para moitos era a primeira vez que utilizaban esta ferramenta, e aprenderon moitísimo a cambiar os tamaños, fontes e cores das letras, facer táboas coas celas de cores,...

Este foi o resultado, a que lles quedou xenial?


Recordade: Só podemos protexer aquelo que coñecemos, polo que é moi importante aprender como funciona a vida na nosa contorna.


Ningún comentario:

Publicar un comentario