OLA RAPAZADA!
Outro ano máis o alumnado de 3º a 6º de primaria tivo a sorte de participar nos encontros deportivos con outros centros da contorna.
Grazas ao programa xogade o alumnado de 3º a 6º puido gozar dunhas xornadas marabillosas de convivencia deportiva con outros centros da contorna. Este ano, concretamente, tocounos xogar cos nenos e nenas do CEIP Doutor Suárez de Fornelos, o Cordo Boullosa en Ponte Caldelas, o CEIP A Reigosa, do mesmo municipio e por último, o CEIP A Lama.Ao longo destas xornadas a rapazada gozou de diferentes deportes como o baseball 5, o datchball, o baloncesto, o fútbol... Nunha delas, a levada a cabo co CEIP de Fornelos, realizaron xogos adptados a diferentes necesidades asociadas a discapacidade física, concienciando así sobre a diversidade e dándolle visibilidade aos xogos paralímpicos.
Por aquí vos deixamos unhas fotos onde se pode ver o ben que o pasamos!
Agardamos vernos o curso que vén!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario