Club de lectura de adultos 2º trimestre

 OLA A TODOS/AS!

O noso club de lectura de adultos segue funcionando e, no segundo trimestre decidimos ler A muller xabaril de Fina Casalderrey.

Tecendo redes polas Letras Galegas

 OLA NENOS/AS!
O pasado 17 conmemoramos na nosa comunidade ás nosas cantareiras nas Letras Galegas.

HEROES DO RÍO ALMOFREI

 

Bo día rapazada!

O alumnado de 3º e 4º  quérevos presentar o traballo de investigación que levou a cabo durante este curso escolar na área de Proxecto Competencial.


Despois de visitar o noso río Almofrei nunha das nosas Carb@rutas, decidiron aprender máis sobre a fauna que podemos atopar no noso río.




Primeiro, revisaron as láminas que nos enviaron dende Proxecto ríos sobre a fauna e flora que pode aparecer nas beiras dos ríos.

Logo, cada un escolleu un animal que existe na contorna do Almofrei para poder investigar sobre el, entre todos decidimos cales eran os aspectos máis importantes que recolleríamos nunha pequena ficha.

Para a investigación tiveron que aprender a utilizar os buscadores web do ordenador, seleccionando fontes fiables de información.

Tamén buscaron fotografías para ilustrar as fichas técnicas.

Unha vez recollida a información elaboraron e deseñaron como quedaría a páxina nun editor de texto. 

Para moitos era a primeira vez que utilizaban esta ferramenta, e aprenderon moitísimo a cambiar os tamaños, fontes e cores das letras, facer táboas coas celas de cores,...

Este foi o resultado, a que lles quedou xenial?


Recordade: Só podemos protexer aquelo que coñecemos, polo que é moi importante aprender como funciona a vida na nosa contorna.


Outro ano máis en piscina!

 OLA RAPAZADA

Outro curso somos uns e unhas afortunados/as pois, de novo, grazas ao noso mestre de educación física e ao concello todo o alumnado de 1º a 6º puido acudir á clases de natación.

Saída fin de curso en O Grove!

 RAPAZADA!

Parece mentira pero xa fixemos a saída fin de curso, incríble o rápido que pasou este ano verdade?

Conmemoramos ás nosas Superfamilias

 OLA NENOS E NENAS!
O pasado 15 de maio as vosas familias levaron unha grata sorpresa, non si?

Reto da biblio: Abril

 Boas rapazada!


O reto do pasado mes de abril deixaba que a vosa imaxinación voase creando historias coa mesa de luz... E vaia historias creastes!


Por unha banda Mahoui atrapa a un xigante co seu anzol e encérrao nunha cova. 

Noutra aula Guisantín apaga o lume da súa casa e coñece a Guisantina coa que comparte un rico churrasco.






Está claro que estas mentes da cativada de Carballedo discurre moito.

Por suposto... RETO SUPERADO!

Veña, que xa só queda o reto do mes de maio.


Lectura e familias

BOAS A TODOS E TODAS!

Este ano, como xa saberedes, o noso centro sumerxiuse nun novo programa: Lectura e familias.

Xornadas de convivencia deportiva

 OLA RAPAZADA!

Outro ano máis o alumnado de 3º a 6º de primaria tivo a sorte de participar nos encontros deportivos con outros centros da contorna.

Practicamos un novo deporte: o golf

 BOAS RAPAZADA!
Onte o alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis en profundidade e incluso practicar un deporte pouco coñecido para eles: o golf.