Boas rapazada!
O pasado venres fixemos unha actividade súper chula fóra das aulas ligando o traballo da biblioteca escolar co proxecto de vida activa e deportiva de centro (PVAD). Máis aló de coñecer os monumentos e lugares máis importantes de Galicia decidimos que era imprescindible que primeiro coñeceran a súa casa, o seu entorno próximo, e a beleza que ten. Por iso, a raíz do PDI "O ano de Galicia", creamos as "Carb@rutas", que son roteiros pola contorna para coñecer o patrimonio local, xeográfico e etnográfico (tradicións, lendas, etc.), á vez que se fomenta o exercicio físico. A primeira delas dividímola en varios tramos para adaptarmos a todos/as vós:
A cativada de infantil foi ata a praza da Chan. Previamente tiña traballado con google-maps todo o percorrido que farían, prestando atención aos lugares públicos (usos que se lle dan e profesións) e ás construcións típicas galegas. Entre todos os nenos e nenas das aulas crearon dous mapas chulísimos con todos os sitios que terían que atopar. O día da saída fixeron unha especie de busca do tesouro con eses mapas, a medida que localizaban eses lugares sinalados, marcábanos no mapa cunha pegatina, ata que completaron o itinerario.
Ademais, foron uns auténticos cast@reporteiros, pois levaron un micro para interaccionar co quiosqueiro, a farmacéutica, os feirantes, etc.
O grupo de 1º e 2º foi ata a praza do concello e da Chan e volveu polo camiño dos muíños. Cada equipo levou un mapa da ruta onde tiñan que ir marcando os edificios cos servicios máis importantes da nosa localidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario